Probablemente, a
realidade aumentada tiña no seu inicio unha intención informativa. Nos últimos meses, co
Pokemon Go, asistimos ó furor dun xogo baseado nela. Por que non aproveitar estas oportunidades que se nos brindan para, tamén, fomentar a lectura?
Existen numerosas obras literarias que constitúen un auténtico paseo ó longo do mundo. Unha delas é
Os fillos do mar, a novela de
Pedro Feijoo ambientada en Vigo. Unha obra que ten sido obxecto de clubes de lectura e paseos literarios. Aumentar a realidade incorporándolle fragmentos da novela semella un xeito orixinal de fomentar a lectura. Iso é o que teño pretendido creando unha ruta coa aplicación gratuíta
Geo Aumentaty, dispoñible para ordenadores e dispositivos móbiles.
Empregando esta ferramenta, teño creado unha ruta literaria coa que percorrer as rúas de Vigo mentras coñecemos algúns dos lugares onde se desenvolve a novela.
O proceso ten dúas partes:
1. Crear a ruta e os pois (puntos de interese). O proceso resulta moi sinxelo, e está perfectamente explicado na páxina web anteriormente citada. O interesante desta aplicación é que podemos incluír materiais de formato variado: imaxes, documentos, vídeos e audio.
2. O usuario deberá
descargar no seu dispositivo móbil a app Geo Aumentaty, a través de Play Store ou de App Store, segundo empreguemos Android ou iOS.
3. O seguinte paso será
atopar unha ruta. Para iso temos varias opcións:
- ubicación
- rutas favoritas (estará baleira mentras non seleccionemos ningunha)
- rutas mellor valoradas
- rutas máis recentes
Para atopar a ruta que teño creado, o mellor será cambiar a ubicación de búsqueda, escribindo o nome da cidade na que se desenvolve esta: Vigo. Como resultado, obteremos un listado no que seleccionaremos a nosa ruta.
Grazas á app, poderemos localizarnos no MAPA, obter o percorrido que temos que facer (a pé, en coche ou en transporte público) ata chegar a cada un dos puntos, e obter a visión dende o satélite. Podemos compartir a ruta con outras persoas.
E, ó chegar ó lugar, poderemos disfrutar do entorno lendo ou escoitando un fragmento da novela.
Felices e proveitosas lecturas!