ALFIN

A Alfabetización Informacional (ALFIN), tamén denominada Educación Documental, é unha das tarefas máis importantes do traballo na biblioteca escolar. Moi vencellada á Formación de Usuarios, esixe ter claros os obxectivos que perseguimos, e entrenar ó alumnado nas habilidades requeridas para levala a cabo. 

1. Que é Alfabetización Informacional...?

Alfabetización Informacional é saber cando e por que precisas información, onde atopala, e como avaliala, empregala e comunicala de xeito ético. 



CILIP (Charteret Institute of Library and Information Professionals). United Kingdom, 2004


2. Que di a lexislación?

A LOE establece oitos tipos de competencias básicas, entre elas o Tratamento da información e a competencia dixital. Esta competencia ven definida pola propia LOE nestes termos: 

Esta competencia consiste en dispór de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van dende o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo o emprego das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para se informar, aprender e comunicarse.


RD 1513/2006 de 7 de diciembre por el que se establecen las Enseñanzas Mínimas 
de la Educación primaria 


3. Cal é o papel da biblioteca escolar respecto ó Tratamento da información e a competencia dixital?
      • Dispór os recursos de forma efectiva.
      • Orientar na utilización dos recursos.
      • Deseñar, co resto do profesorado, programas de formación na búsqueda, selección e uso das fontes informativas e o traballo documental.
      • Apoiar propostas de proxectos interdisciplinares que favorezan o uso dos recursos informativos e a elaboración de traballos de investigación documental.
      • Axudar ó profesorado a que dende as súas respectivas materias reforce estas aprendizaxes.


COMISIÓN TÉCNICA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. Marco de referencia para as bibliotecas escolares. 
Ed. Ministerio de Educación. 


4. Propostas de expertos para a Alfabetización Informacional. 



5. Entrenamento das habilidades para a búsqueda, procesamento, comunicación e transformación do coñecemento. 

Para traballar de xeito correcto a Educación Documental é preciso entrenar ó noso alumnado coa finalidade de acadar certas habilidades imprescindibles. Aquí temos algúns exemplos de materiais elaborados con tal finalidade: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario