Organización

Crear unha biblioteca escolar esixe tomar unha serie de decisións organizativas, tanto a nivel de centro, como no que se refire ó espazo físico da mesma. Elixir unha ubicación axeitada, se as posibilidades do centro o permiten, non resulta un tema banal. 


A biblioteca escolar ten un peso específico na organización do centro educativo. Polo tanto, as súas funcións deben estar claramente definidas, e deben se ter en conta para elaborar o Proxecto Educativo de Centro e todos os documentos administrativos e educativos do mesmo. 


Do mesmo xeito, na distribución horaria que cada curso realiza a xefatura de estudios, debe existir unha asignación para o coordinador e para os membros do Equipo de Biblioteca, se realmente existe un compromiso serio e firme para que o alumnado adquira, de xeito efectivo, as competencias básicas que propugna a LOE. 


Por outra banda, cómpre organizar o espazo físico da biblioteca, creando distintas zonas (empréstito, lectura informal, prensa, acceso a Internet, traballo en grupo...) e distribuíndo os fondos con criterios científicos, adaptándoos ás circunstancias particulares do noso alumnado e do noso centro. 


A continuación ofrecémoste unha serie de documentos que poden axudarte a tomar as decisións oportunas para organizar o teu traballo e a túa biblioteca. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario