Grazas á miña amiga Ana I. coñecín este podcast. Corresponde ó programa Hoy por hoy (Cadena Ser), e, nel, José Antonio Marina aborda o tema das habilidades que deben dominar os nosos fillos para atopar un traballo.
E que ten isto que ver coas bibliotecas..?
Penso que ten que ver e moito. Segundo estudios da Universidade de Harvard, citados polo profesor Marina, no futuro, o traballo estará ineludiblemente vencellado á educación: destruirase traballo de baixa cualidaficación educativa, pero se crearán dezaseis millóns de traballos que esixen unha alta cualificación. Isto suporá, por unha banda, adquirir unhas habilidades básicas imprescindibles, pero, por outra, ter un coñecemento especializado que conleve unha actitude intelectual diferente que nos permita aprender ó longo de toda a vida.
Estas habilidades e estes cambios de actitudes deben ser impulsados dende a escola. Para iso, o profesor Marina propón un decálogo:
- Pensamento crítico e resolución de problemas.
- Colaboración a través de redes e liderazgo por influencia.
- Axilidade.
- Iniciativa.
- Emprendemento.
- Comunicación oral e escrita efectiva.
- Acceso á información e análise da mesma.
- Curiosidade.
- Imaxinación.
- Mente moi aberta.
Non son, acaso, estas, algunhas das competencias básicas que podemos acadar dende a biblioteca escolar cunha sólida formación de usuarios e unha alfabetización informacional coherente e seria...?
Déixovos escoitar o programa. Constitúe un reto educativo, e, como sempre ocurre con Marina, paga a pena escoitalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario