Mostrando entradas con la etiqueta ipad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ipad. Mostrar todas las entradas

13 mar 2017

SNAPGUIDE: UNHA APP PARA CREAR TITORIAIS



Como xa temos visto nalgunha outra ocasión, Snapguide pode ser unha ferramenta moi útil para crear titoriais, xa sexa para aproximarse por primeira vez a algo (unha aplicación, unha receita de cociña...), para plasmar o resultado dunha investigación, ou para reflexionar sobre o proceso seguido de cara á elaboración dun produto. 

Isto último foi o que pretendeu este titorial: reflexionar sobre o proceso de investigación desenvolvido en 6º A de Primaria sobre o Pirata Drake na Ría de Vigo




5 mar 2017

LINO.IT: UN ALIADO PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN











Lino.it é unha aplicación gratuíta multiplataforma con varias utilidades que podemos aproveitar para a fase de Tratamento da Información, cando desenvolvemos actividades ALFIN.      

                   
En realidade, trátase dunha corcheira dixital, que podemos empregar de xeito privado ou colectivo, e na que podemos compartir enlaces, vídeos, imaxes ou documentos.
Ademais, a información ímola compartindo coa creación de tarxetas (coma se se tratara de post-it) de diversas cores, que, deste xeito, pódense mover doadamente para reorganizar o traballo e facilitar o traballo cooperativo. 

Nesta corcheira, a modo de exemplo, presentamos algunhas das utilidades que lle podemos dar á app durante o proceso de Tratamento da Información. 



21 ene 2017

POPPLET LITE: CREAR SINXELAMENTE MAPAS MENTAIS







Seguramente todos temos a experiencia de que, cando escribimos nun papel os nosos pensamentos, semella que estes se ordean e adquiren coherencia. Os esquemas e os mapas mentais resultan ferramentas fundamentais á hora de estudar e desenvolver proxectos de investigación. A opción do papel debe ser a primeira, e sempre a temos aí. Pero... por que, ó tempo que desenvolvemos a competencia de aprender a aprender, non desenvolvemos tamén a competencia dixital entre o noso alumnado?
Existen varias aplicacións para crear mapas mentais. Pola súa sinxeleza e versatilidade, propóñovos esta aplicación: Popplet Lite, dispoñible para ipads e en versión web. Tan sinxela que ata poderían empregala alumnos de Educación Infantil. Precisamente usando ferramentas da propia app, intento reflectir nesta imaxe as súas posibilidades. 



Por se vos animades a usala, a continuación preséntovos un pequeno titorial que teño elaborado para traballar cos ipad. 




Pero se preferides traballar coa versión web, aquí vos deixo o enlace ó Manual de Popplet creado por César Vallejo e recolllido na páxina do Ministerio. 

19 sept 2016

CREAR LIBROS INTERACTIVOS CON BOOK CREATOR











Esta app con versión gratuita e de pago permite crear libros interactivos en variados formatos (vertical, cadrado, apaisado; en branco ou con disposición de cómic).

Centrarémonos agora na creación de libros alleos ó cómic. A aplicación permítenos:
      • Engadir imaxes e vídeos (xa sexan recollidos previamente no carrete do ipad; xa sexan tomados directamente coa cámara do mesmo).
      • Debuxar.
      • Engadir texto.
      • Engadir son. 
      • Engadir diversas formas.

Unha vez creado o noso documento podemos exportalo en tres formatos diferentes:
      • Como formato ePub (para poder lelo en iBooks).
      • Como PDF.
      • Como vídeo.
Observaremos que o formato PDF é ideal cando non se inclúen vídeos nin audios no documento, xa que estes se perden . 





En caso de incluír contido audiovisual, o formato vídeo (subido a Youtube) resulta a opción máis axeitada.


25 mar 2016

TELLAGAMI: DE XOGO A FERRAMENTA EDUCATIVA



En moitas ocasións semella que o lúdico non pode ser educativo. Afortunadamente, esta visión está a cambiar, aparecendo novas aplicacións que nos permiten conxugar sabiamente a diversión e a aprendizaxe.

Este é o caso de Tellagami, unha app que, aparentemente, podería ser considerada como o tradicional xogo das mariquitas, só que en versión interactiva e con micrófono. Aparentemente: cambiar a fisonomía, o fondo e a vestimenta dos personaxes só é un xogo engadido cando, previamente, temos investigado sobre un tema, resumido unha información ata un máximo de 90 segundos e lido un texto con soltura e boa dicción.

A experiencia resulta enriquecedora e estimulante para o alumnado, e os resultados, moi variados.

O seguinte exemplo reflicte o uso que demos a Tellagami no C.E.I.P. Frian - Teis co gallo do Día da Muller Traballadora.


TOUCHCAST. UNHA APP PARA EDITAR VIDEO CON MOITAS POSIBILIDADES





Indagando sobre como introducir algúns efectos na creación de vídeos atopei esta app que ofrece grandes posibilidades. Tanto se pode empregar descargando a aplicación en Windows como no ipad. E permite crear vídeos interactivos que introduzan imaxes, vídeos, mapas, documentos, enlaces... Ademais, permite empregar o efecto chroma dun xeito moi sinxelo.


Á hora de compartir, podemos exportar o vídeo a Youtube. Sen embargo, aínda que os documentos poden verse, nesta plataforma perden o seu carácter interactivo.



Non ocurre o mesmo se subimos o vídeo á propia plataforma de Touchcast. Neste caso poderemos navegar polos documentos, que son interactivos.



Rosa Liarte ten creado un titorial en español sobre como empregar esta app: 

4 mar 2016

TELLAGAMI







Investigar e expor os resultados do noso traballo pode resultar divertido e adquirir unha compoñente lúdica. Estas son as finalidades da actividade sobre creación de biografías empregando a app Tellagami. Aquí presentamos un sinxelo titorial.





21 ago 2014

APRENDENDO A USAR THINGLINK


Achegamos un pequeno titorial para aprender a usar esta ferramenta que pode dar tanto xogo na nosa aula.

A modo de exemplo, neste enlace podemos ver o resultado dunha imaxe interactiva.

3 ago 2014

GUÍA PARA USAR STOREHOUSE







Nun post anterior falamos sobre como usar Snipguide. Empregando aquela ferramenta, aportamos un titorial sobre o uso de Storehouse, outra app moi axeitada para traballar textos expositivos e informativos, e, de xeito moi particular, a reportaxe.

Espero que vos sexa de utilidade!



31 jul 2014

GUÍA PARA EMPREGAR SNAPGUIDE






Comezamos a análise dunhas cantas aplicacións que poden ser útiles para traballar a expresión escrita. Neste caso, facémolo con Snapguide, utilísima para abordar os textos prescriptivos. Coa propia ferramenta temos creado un titorial.

A ver se somos quen de tirarlle proveito!