13 ene 2014

NUEVAS DINÁMICAS PARA LA BIBLIOTECA ESCOLAR EN LA SOCIEDAD RED

Un novo documento editado pola Junta de Andalucía. José García Guerrero dirixe a un equipo integrado, entre outros, pola nosa prezada Glòria Durban. Neste caso, abórdanse os novos retos da Biblioteca na sociedade dixital, e a súa función como transformadora da escola, no que se refire ós espazos, ás metodoloxías e ás actividades.

A obra facilita unha serie de recursos para poder levar a cabo esta transformación. Sen dúbida, unha publicación que dará "moito xogo".

Podemos descargala neste enlace.

2 feb 2013

7 MANEIRAS DE LER MELLOR...

... e escribir mellor.

Esta presentación en Prezzi condensa algunhas ideas básicas para traballar a lectura (e a escritura) comprensivas. Dende ler un texto con calma, suliñando os aspectos importantes e comprendendo o seu siñificado, ata ler en voz alta os nosos escritos para detectar malas redaccións ou erros ortográficos ou gramaticais.

Un resumo de Escuela20.com que pode constituír unha síntese moi condensada do que pretendemos coa Alfabetización Informacional.



2 nov 2012

CONTANDO CONTOS

Os contacontos son unha das actividades que máis agradecen a rapazada e as familias. Pero se os narradores son papá e mamá, entón, a experiencia resulta incrible.

Coa intención de que os pais e nais se animen a actuar como contacontos, perdendo o medo e superando as inseguridades, teño preparado esta presentación.

Está baseada no fantástico libro de Estrella Ortiz titulado Rotundifolia. Contar con los cuentos. Nun futuro, completareino con outros aspectos recollidos do mesmo libro.

Espero que vos sexa de utilidade e vos anime a contar contos.