25 mar 2016

TELLAGAMI: DE XOGO A FERRAMENTA EDUCATIVA



En moitas ocasións semella que o lúdico non pode ser educativo. Afortunadamente, esta visión está a cambiar, aparecendo novas aplicacións que nos permiten conxugar sabiamente a diversión e a aprendizaxe.

Este é o caso de Tellagami, unha app que, aparentemente, podería ser considerada como o tradicional xogo das mariquitas, só que en versión interactiva e con micrófono. Aparentemente: cambiar a fisonomía, o fondo e a vestimenta dos personaxes só é un xogo engadido cando, previamente, temos investigado sobre un tema, resumido unha información ata un máximo de 90 segundos e lido un texto con soltura e boa dicción.

A experiencia resulta enriquecedora e estimulante para o alumnado, e os resultados, moi variados.

O seguinte exemplo reflicte o uso que demos a Tellagami no C.E.I.P. Frian - Teis co gallo do Día da Muller Traballadora.


TOUCHCAST. UNHA APP PARA EDITAR VIDEO CON MOITAS POSIBILIDADES





Indagando sobre como introducir algúns efectos na creación de vídeos atopei esta app que ofrece grandes posibilidades. Tanto se pode empregar descargando a aplicación en Windows como no ipad. E permite crear vídeos interactivos que introduzan imaxes, vídeos, mapas, documentos, enlaces... Ademais, permite empregar o efecto chroma dun xeito moi sinxelo.


Á hora de compartir, podemos exportar o vídeo a Youtube. Sen embargo, aínda que os documentos poden verse, nesta plataforma perden o seu carácter interactivo.



Non ocurre o mesmo se subimos o vídeo á propia plataforma de Touchcast. Neste caso poderemos navegar polos documentos, que son interactivos.



Rosa Liarte ten creado un titorial en español sobre como empregar esta app: 

4 mar 2016

TELLAGAMI







Investigar e expor os resultados do noso traballo pode resultar divertido e adquirir unha compoñente lúdica. Estas son as finalidades da actividade sobre creación de biografías empregando a app Tellagami. Aquí presentamos un sinxelo titorial.





1 may 2015

COLÓN, EL GRUMETE VALIENTE.













Este libro de Isabel Córdova Rosas pode constituír un bo achegamento á figura de Cristóbal Colón e á súa época histórica. Neste relato mestúranse feitos históricos con outros, produto da imaxinación. Unha boa ocasión para diferenciar historia e lenda.

Nestes dous mapas mentais que presentamos a continuación (elaborados, respectivamente, con Mindomo e iMindMap) recollemos algúns aspectos do relato que podemos traballar nos nosos clubes de lectura.




18 feb 2015

DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA





Presentamos este mapa mental sobre Dúas bágoas por Máquina, unha obra de Fina Casalderrey gañadora do Premio Merlín.

En torno ó tema do amor ós animais coexisten moitos outros: a enfermidade dos maiores, o paro, a amistade, a adolescencia, o amor... Esperamos que esta ferramenta nos axude a desenvolver un fantástico clube de lectura cos nosos alumnos.